Consellos do Nutricionista
Páxina 1 de 7

Os froitos secos son alimentos moi completos que aportan proteínas, vitaminas, minerais e graxas esenciais. Son moi enerxéticos polo seu alto contido en graxa; como aportan moitas calorías, tomados sen control engordan moito. As castañas son as que menos calorías conteñen e aportan vitamina E.

A berenxena, ó igual que o calabacín, ten moi poucas calorías: máis ou menos 15 kilocalorías por cada 100 gramos se o tomamos cocido ou ó forno. Sen embargo, se o fritimos en aceite, a mesma cantidade terá 300 kilocalorías, xa que actúa como unha esponxa absorbendo toda a graxa.

O marisco ten poucas calorías xa que é pobre en grasas, pero, sen embargo, é moi rico en colesterol, polo cal non resulta aconsellable abusar del nos casos de hipercolesterolemia.

En moitos guisos da cociña tradicional aparece o famoso “maxado”. Consiste en triturar nun mortero alimentos con gran sabor e olor. Seguir esta práctica con determinados froitos secos en salsas e sopas axuda a rebaixa-la dosis da sal.

Durante a menopausa prodúcense síntomas coma sufocos, irritabilidade, trastornos do sono, aumento de peso e pérdida de calcio nos ósos, todos eles causados pola diminución das hormonas femininas. É recomendable, por tanto, tomar lácteos, ricos en calcio, e derivados da soia, polo seu contido en sustancias estroxénicas. Pode utilizarse a infusión de salvia para alivia-los sofocos.

Sería moi interesante e recomendable facer unha grande cantidade de "fumet". Pódese manter en recipientes de plástico conxelado durante un ou dous meses e dispor del cando precisemos facer salsas ou sopas, así evitaremos o uso de comprimidos de caldo concentrado.

Respecto ás cremas e purés que leven na súa elaboración produtos lácteos coma leite, nata líquida ou queixos cremosos e non se vaian a consumir trala súa elaboración, haberá que evitar incorporar ditos ingredientes se imos conxela-los, pois é máis fácil a conservación sen lácteos. Evitamos así a posibilidade de que se corten e tomen un sabor agreo nada desexado. Debemos deixar enfriar este tipo de caldos totalmente para que a grasa sobrante se solidifique na superficie e poidamos retirala con maior facilidade pra desgraxa-lo caldo ou convertirlo nunha elaboración aínda máis san.

 
Catering Arelas Telf/Fax: 986 408 151 info@cateringarelas.com
Aviso Legal