Consellos do Nutricionista
Páxina 2 de 7

Os preparados que levan como ingrediente principal a pataca, tanto cremas coma guisos, non deben conxelarse, xa que a pataca trala conxelación toma un lixeiro sabor doce e a textura varía e resulta máis fibrosa.

As partes da tenreira que máis sabor dan ós caldos son precisamente as menos valoradas debido á súa dureza noutro tipo de preparado. Son o morcillo, a culata de contra ou a saia de tenreira. Os ósos de xeonllo, cunha gran cantidade de cartílagos e ternillas, desprenden sustancias imprescindibles que potenciarán o seu sabor.

Pra diminuí-las calorías e o colesterol dun guiso con salsa ou caldo, debemos deixalo enfriar varias horas e logo quita-la capa de graxa sólida que queda enriba.

A maneira máis saudable de comer calquera parte do porco é quitarlle toda a graxa visible antes de cociñalo, e a mellor maneira de elaboralo será fornealo ou asalo á parrilla, de maneira que se elimine mais grasa durante o proceso.

O alcoholismo durante a xestación pode provocar o denominado "síndrome alcohólico fetal", asociado a graves alteracións físicas e psíquicas do feto, e ademais aumenta a posibilidade de que éste morra. Por todo elo, aconsellamos ás embarazadas evitar ó máximo o consumo de calquera bebida alcohólica, aquí tamén incluímos as cervexas sen alcohol, xa que a maioría das marcas conteñen unha pequena gradación alcohólica.

Os ovos son un alimento extraordinario, pero en condicións excepcionais poden transmitir enfermidades como a salmoneloses, un cadro de diarrea aguda que pode chegar a ser grave. A contaminación do ovo é externa, a través da cáscara, e prodúcese por falta de hixiene e pola manipulación nas granxas. Pra evita-la, recoméndase mercar sempre ovos frescos e limpos, tira-los que teñan a cáscara rota, respecta-la data de caducidade, mantelos a temperaturas baixas, non lavalos, e ó usalos, cascalos fora do prato.

O xilitol e o sorbitol son edulcorantes que substitúen o azucre, mais posúen as mesmas calorías. Úsanse pra fabricar caramelos e chicles sen azucre, e incluso na elaboración do xamón de iork pra diabéticos. Aínda que cando os conteñen axudan a evitar que salgan caries, se os tomamos en exceso, ademáis de engordar o mesmo, pódennos producir molestias gastrointestínais, coma gases e incluso diarrea.
 
Catering Arelas Telf/Fax: 986 408 151 info@cateringarelas.com
Aviso Legal