Consellos do Nutricionista
Páxina 3 de 7

O mel é un alimento enerxético que aporta unhas 300 calorías cada 100 gramos. Debe o seu sabor doce ó alto contido en fructosa, un azucre que ó metabolizarse transfórmase en glicosa, feito que deben ter en conta sobre todo os diabéticos. A parte de ter moita tradición na nosa cultura, posúe propiedades naturais curativas (aínda non están demostradas científicamente), polo que é bo tomala, eso sí, sempre con moderación.

A leite desnatada ten menos graxa e calorías que a leite gorda, pero mantén a mesma cantidade de calcio. Recoméndase a persoas con sobrepeso ou niveis elevados de colesterol.

O pescado en salazón conserva tódalas súas proteínas, que chegan no caso do bacallau seco ata un 40 por cento; é importante ter en conta que si non se desala aportará moito sal á dieta.

Os edulcorantes artificiais (sacarina, ciclamato e aspartamo) non aportan calorías e, si se toman en pequenas cantidades, non son nocivos prá saúde en xeral.

O colesterol atópase en moitos alimentos e é a xema do ovo un dos que mais o contén. Recoméndase non tomar mais de 3 ou 4 iemas por semana. Outros alimentos ricos en colesterol son as ovas de pescado, as vísceras, sobre todo os miolos, o paté ou foie gras e algúns mariscos, en especial os que se comen enteiros ou se chupa a cachola.

A froita non engorda por tomala coma postre. É precisamente o momento mais axeitado, xa que a absorción dos azucres que contén faise mais lenta debido a que o estómago está cheo, o cal é bo en caso de diabetes ou obesidade.

O iogur é un alimento moi beneficioso porque ademais de calcio, lactosa e proteínas, contén bacterias que axudan a que o noso intestino funcione mellor, feito polo que debe conservarse na neveira entre 4 e 5 ° C. Os postres ou produtos lácteos que poidan gardarse a temperatura ambiente non teñen as mesmas propiedades do iogur, xa que para a súa conservación foron sometidos a altas temperaturas que fan que desaparezan as bacterias.

As vitaminas da froita son moi sensibles á luz do sol, ó osíxeno do aire e ó calor; por ese motivo é recomendable facer o zume ou pela-la froita xusto antes de tomala, así chegarannos mais vitaminas. É o mellor alimento pra tomar de sobremesa.

 
Catering Arelas Telf/Fax: 986 408 151 info@cateringarelas.com
Aviso Legal