ARELAS conforma a división de catering do grupo AF Servicios de Hostelería, organización que conta xa con máis de dúas décadas de experiencia no sector da hostelería e máis concretamente no aprovisionamento e explotación de comedores colectivos en diferentes sectores de actividade. ARELAS nace como solución á problemática nutricional da sociedade actual, fundamentalmente, e como resposta á crecente demanda do mercado, baseada nunha realidade social de cambios nos hábitos de consumo motivados tanto por factores internos (personais ou individuais), coma externos (da propia oferta e tendencias do mercado).

En Catering Arelas contamos con personal altamente cualificado e coa experiencia precisa para a organización de eventos, así como con todo-los elementos requeridos para a posta en práctica dos mesmos, ben en celebracións puntuais (reunións de empresa, celebracións familiares, festividades, casamentos, bautizos, comunións, cumpreanos, cocktails, almorzos, …), coma en servicios continuados de aprovisionamento en salones colectivos: colexios, institutos, universidades, comedores de empresa, asociacións ou centros sociais, centros para á terceira idade ou residencias, … sendo a nosa área de influencia a provincia de Pontevedra e norte de Portugal.

Todo isto mediante o deseño, en colaboración có cliente, dunha oferta totalmente personalizada de produtos e servicios que pretenden cubri-las necesidades das colectividades, en xeral, e dos consumidores en particular.

De entre os pilares fundamentais que sustentan a filosofía e misión do grupo AF, destacamo-los conceptos de “Produto Ecolóxico” e “Comercio Xusto”, participando activamente na sensibilización e motivación do mercado nas vantaxes e bondades dos produtos ecolóxicos e do papel do comercio xusto na sociedade actual.

Catering Arelas Telf/Fax: 986 408 151 info@cateringarelas.com
Aviso Legal