Por este motivo as nosas instalacións están sometidas, de maneira continuada, a exhaustivos controles de calidade alimentaria realizados por laboratorio acreditado.
Controles formalizados por medio de analíticas, de diversa natureza, cuio fin non é outro que o de garantir a idoneidade en todo-los nosos produtos e servicios. Tales como analíticas de superficies pra comprobar que a limpeza realizada é levada a cabo de forma correcta, analíticas de manipulador pra verificar que o estado de saúde dos nosos manipuladores non pon en perigo a inocuidade dos alimentos, analíticas de auga có fin de garantir a calidade microbiolóxica e físico-químico desta e por suposto realizamos analíticas dos nosos pratos preparados, comprobando así que éstes son totalmente aptos para o consumo.
A seguridade alimentaria é un dereito dos cidadáns e representa un valor engadido que debe introducirse na práctica diaria
A nosa organización basa todo o procedimento de elaboración de pratos no sistema de autocontrol APPCC (Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control) mantendo un riguroso cumprimento de todo-los plans establecidos no mesmo (según Real Decreto 2207/1995), así coma un adecuado control da trazabilidade, de maneira que aseguramos a calidade dos nosos pratos dende a recepción das materias primas ata que son suministrados ó consumidor.
O compromiso coa calidade, e cós principios hixiénico-sanitarios de obrigado cumprimento, é compartido por todo o persoal que compoñemos o grupo AF e potenciado continuadamente dende a súa dirección. |